Este espazo do FLIV2021 está dedicado á lembranza de Xulio Amigo.
Ola a tod@s!
Tras a edición do pasado ano, velaquí estamos de novo. O FLIV20 naceu como resposta a un tempo especial que ninguén querería ter pasado. Ante un parón de toda actividade moitas cousas estiveron activas no mundo das redes, entre elas a cultura, e dende o FLIV20 quixemos demostrar que a literatura, que a cultura do noso país estaba moi viva.
O FLIV21 desenvolverase entre o 26 e o 28 de marzo e teremos un programa que reflectirá un ano literario. Lembraremos as efemérides máis senlleiras, como a de Marcial Valladares, Xela Arias, Emilia Pardo Bazán... Nas mesas redondas mergullaremos nalgúns aspectos máis actuais. Nos recitais poderemos escoitar algunhas das voces máis interesantes do momento. Podemos ver as novidades editoriais no Escaparate do FLIV, conversaremos con autoras, etc...
Dámosvos a benvida e convidámosvos a entrar e a poñerse cómodos, subide ben os altofalantes e gozade da mellor literatura do momento.
Programación
Con D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística; D. Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; e Marcedes Corbillón, en
representación da organización.
Ir ao evento
Relatorio desde a ollada experta de Xosé Antonio Fernández Salgado (filólogo e profesor na UVigo).
Ir ao evento
Mesa redonda con Eva Mejuto (escritora e coordinadora do Salón do libro Infantil e xuvenil); Antía Yáñez (escritora e docente); Nee Barros (escritor e divulgador cultural) e Irene Pérez (@surfeandolibros) (divulgadora cultural). A LIX non é só unha prescipción facultativa para as aulas, pero pode ser o camiño para comprender a necesidade da lectura e as achegas da literatura para cada persoa. Non hai idade para ler LIX, ser novxs non condiciona a escolla literaria. Ou si? E se falamos de calidade e temática? Somos xs galegxs afortunados ou botamos algo en falta?
Ir ao evento
Moisés Barcia presenta as propostas máis senlleiras do que vai de tempada editorial para lectorxs de todxs os gustos e idadxs. Non sabes que ler a continuación? Déixate engaiolar, hai un libro para ti.
Ir ao evento
Ánxela Gracián presenta a súa tradución de
Bruxas, a forza invencibles das mulleres, de
Mona Chollet. Non sabes que ler a
continuación? Déixate engaiolar, hai un libro
para ti.
Ir ao evento
Relatorio desde a ollada experta de
Marilar Aleixandre (escritora, investigadora e
académica da RAG).
Ir ao evento
Rocío Viéitez presenta a nova
colección da editora, Candemaia, que
traducirá ao galego grandes autoras da
literatura universal. O primeiro título é
Mociñas, de Louisa May Alcott. Non sabes
que ler a continuación? Déixate engaiolar, hai
un libro para ti.
Ir ao evento
Sobre Patio de luces (editorial Xerais, con ilustracións de Juan Berrio) é unha das últimas publicacións da autora. Premio cidade de Málaga no que coñeceremos os habitantes do edificio onde traballa o avó de Lea.
Ir ao evento
Presentación das novidades de Através. Non sabes que ler a continuación? Déixate engaiolar, hai un libro para ti.
Ir ao evento
Relatorio desde a ollada experta de Armando Requeixo (crítico e investigador literario).
Ir ao evento
Inauguración do FLIV21
200 anos con Marcial Valladares (1821- 1903): Un recordatorio da súa vida e da súa obra
A literatura infantil e xuvenil galega é atrevida
Novidades editoriais Rinoceronte editora.
Novidades editoriais Hércules edicións
Emilia Pardo Bazán: Son unha radical feminista
Novidades editoriais Laiovento edicións
Entrevista con Érica Esmorís
Novidades editoriais Através editora
Álvaro Cunqueiro corenta primaveras despois
Relatorio desde a ollada experta de Chus Nogueira (ensaísta, crítica e profesora da USC).
Ir ao evento
A palabrafalada é unha achega poética que combina o ritmo literal co ritmo musical que se acada coa voz e a xestualidade. Parte do colectivo galego desta disciplina ofrece un recital para non perder. Brais Nogueira, Andrea Valle, Pompa&Boato, Peter Brea, Diego Horchovski.
Ir ao evento
Eduardo Maroño leva anos lendo BD e falando de BD. Desta volta achéganos unha panorámica sobre a produción artística galega nesta disciplina. Non sabes que ler a continuación? Seguro que hai unha proposta de BD para ti.
Ir ao evento
Mesa redonda con Arancha Nogueira, Emma Pedreira, Carlos Negro e Carlos da Aira. A poesía en papel e a poesía na pel. O directo, as formas de comunicación da poesía e os formatos de contacto. A emoción nas palabras lidas e sentidas. A resaca dos movementos poéticos dos noventa, os festivais, a necesidade de interpretar a normalidade (nova, vella, emprestada ou azul).
Ir ao evento
Francisco Castro presenta as propostas máis senlleiras do que vai de tempada editorial para lectorxs de todxs os gustos e idadxs. Non sabes que ler a continuación? Déixate engaiolar, hai un libro para ti.
Ir ao evento
En colaboración coa publicación especializada en artes escénicas Erregueté varixs dxs dramaturgxs len os seus textos: Xesús Pisón, Teté García, Diana Mera, Merche Pérez, Tito Asorey, Ana Carreira, Francisco Oti, Julio Fer, Zé Paredes, Carlos Santiago, Olivia Pena. Lembramos o labor de Xosé Manuel Pazos a través da lectura dun extracto de María Soliña na voz de Casilda Alfaro.
Ir ao evento
Mesa redonda con Camilo Franco, Monti Castiñeiras, Fran Lareu e Óscar Allo. Que pasa cando os homes teñen que facer de homes. Como é a condición masculina da interpretación e que piden hoxe como requisito para pasar por un. Tres actores galegos de teatro, cine ou televisión explican as vantaxes e dificultades dos roles de home de ficción, as circunstancias que corresponden a ser actor e galego e cal é a situación dunha ficción que se resiste a abandonar os vellos prototipos.
Ir ao evento
Andrea Fernández Maneiro, Manuel López Rodríguez, Raúl Gómez Pato e Xosé Henrique Rivadulla Corcón ofrecen un recital.
Ir ao evento
Entrevista sobre a novela Flores de ferro (editorial Galaxia, premio García Barros 2020) é a novela debut da autora. Unha historia de silencios, do horror; pero tamén de memoria, de resiliencia, de sororidade.
Ir ao evento
Xela Arias, unha aproximación á súa obra e vida
Recital: Slam Poetry
Novidades editoriais Banda Deseñada
Intervencións poéticas, poéticas insubmisas.
Novidades editoriais Galaxia
TEATRO INTERRUPTUS
Ser actor é cousa de homes
Recital: Editorial Medulia
Entrevista a María Rei
Relatorio desde a ollada experta de Xosé Ricardo Losada (escritor e docente).
Ir ao evento
Mesa redonda con Suso de Toro, Xesús Fraga, Berta Dávila e Esther Gómez. Un señor elegante (Xerais), Virtudes (e) Misterios (Galaxia) e Illa decpeción (Galaxia) son tres exemplos da construción da ficción narrativa desde a ficción do persoal. Hai orde na autorrepresentación? Condiciona a contorna pandémica a visión narrativa? Somos universos de experiencias comúns ou illas de excepcionalidade?
Ir ao evento
Con Oriana Méndez e Manuel López Rodríguez.
Ir ao evento
Dende Allariz César Lorenzo presenta as propostas máis senlleiras do que vai de tempada editorial para lectorxs de todxs os gustos e idadxs. Non sabes que ler a continuación? Déixate engaiolar, hai un libro para ti.
Ir ao evento
Presentación das obras gañadoras dos premios Xerais 2020.
Ir ao evento
Falamos sobre a realidade e da traxedia que supón os naufraxios na obra de Rivadulla Corcón
Ir ao evento
Mesa redonda con Inma López Silva, Xina Vega, Afonso Becerra e Manuel Forcadela. Catro críticxs expertxs dialogan arredor da comunicación entre crítica, autorxs e comunidade lectora e espectadora. A función da crítica, a súa necesidade, a súa calidade e presenza en redes ou o impacto dos premios literarios na narrativa/poesía/e teatro a debate.
Ir ao evento
Mesa
redonda con Anna R. Figueiredo, María
Armesto (autora e Directora Artística da
Mostra Internacional de Teatro Cómico e
Festivo de Cangas), Camilo Franco (escritor,
crítico e xornalista), Maribel Tato (libreira e
divulgadora cultural) e Anxo Lorenzo (músico,
coordinador do Festival Intercéltico do
Morrazo). Catro expertxs na creación e
promoción cultural dialogan sobre a
construción da cultura galega desde o teatro,
a literatura e a música tradicional nos
escenarios pre-pandremia; 2020 e de cara ao
futuro. A cultura é segura, pero sabemos que
ofrece a cultura? Que definimos como tal?
Ir ao evento
Cen anos do poeta e crego Faustino Rey Romero
A novela desde a memoria do propio
Recital: Binomio poético
Novidades editoriais Aira
Novidades editoriais Xerais
Entrevista con Xosé Henrique Rivadulla Corcón
Criticar a crítica. De criterios e outras peneiras
Cultura segura, cultura resiliente