Programa
28 de marzo
-
11.15 h.
Cen anos do poeta e crego Faustino Rey Romero
Relatorio desde a ollada experta de Xosé Ricardo Losada (escritor e docente). Ir ao evento
-
12.15 h.
A novela desde a memoria do propio
Mesa redonda con Suso de Toro, Xesús Fraga, Berta Dávila e Esther Gómez. Un señor elegante (Xerais), Virtudes (e) Misterios (Galaxia) e Illa decpeción (Galaxia) son tres exemplos da construción da ficción narrativa desde a ficción do persoal. Hai orde na autorrepresentación? Condiciona a contorna pandémica a visión narrativa? Somos universos de experiencias comúns ou illas de excepcionalidade? Ir ao evento
-
13.30 h.
Recital: Binomio poético
Con Oriana Méndez e Manuel López Rodríguez. Ir ao evento
-
14.00 h.
Novidades editoriais Aira
Dende Allariz César Lorenzo presenta as propostas máis senlleiras do que vai de tempada editorial para lectorxs de todxs os gustos e idadxs. Non sabes que ler a continuación? Déixate engaiolar, hai un libro para ti. Ir ao evento
-
18.00 h.
Novidades editoriais Xerais
Presentación das obras gañadoras dos premios Xerais 2020. Ir ao evento
-
18.15 h.
Entrevista con Xosé Henrique Rivadulla Corcón
Falamos sobre a realidade e da traxedia que supón os naufraxios na obra de Rivadulla Corcón Ir ao evento
-
19.00 h.
Criticar a crítica. De criterios e outras peneiras
Mesa redonda con Inma López Silva, Xina Vega, Afonso Becerra e Manuel Forcadela. Catro críticxs expertxs dialogan arredor da comunicación entre crítica, autorxs e comunidade lectora e espectadora. A función da crítica, a súa necesidade, a súa calidade e presenza en redes ou o impacto dos premios literarios na narrativa/poesía/e teatro a debate. Ir ao evento
-
20.30 h.
Cultura segura, cultura resiliente
Mesa redonda con Anna R. Figueiredo, María Armesto (autora e Directora Artística da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas), Camilo Franco (escritor, crítico e xornalista), Maribel Tato (libreira e divulgadora cultural) e Anxo Lorenzo (músico, coordinador do Festival Intercéltico do Morrazo). Catro expertxs na creación e promoción cultural dialogan sobre a construción da cultura galega desde o teatro, a literatura e a música tradicional nos escenarios pre-pandremia; 2020 e de cara ao futuro. A cultura é segura, pero sabemos que ofrece a cultura? Que definimos como tal? Ir ao evento