Programa
27 de marzo
-
11.00 h.
Xela Arias, unha aproximación á súa obra e vida
Relatorio desde a ollada experta de Chus Nogueira (ensaísta, crítica e profesora da USC). Ir ao evento
-
12.00 h.
Recital: Slam Poetry
A palabrafalada é unha achega poética que combina o ritmo literal co ritmo musical que se acada coa voz e a xestualidade. Parte do colectivo galego desta disciplina ofrece un recital para non perder. Brais Nogueira, Andrea Valle, Pompa&Boato, Peter Brea, Diego Horchovski. Ir ao evento
-
12.30 h.
Novidades editoriais Banda Deseñada
Eduardo Maroño leva anos lendo BD e falando de BD. Desta volta achéganos unha panorámica sobre a produción artística galega nesta disciplina. Non sabes que ler a continuación? Seguro que hai unha proposta de BD para ti. Ir ao evento
-
13.00 h.
Intervencións poéticas, poéticas insubmisas.
Mesa redonda con Arancha Nogueira, Emma Pedreira, Carlos Negro e Carlos da Aira. A poesía en papel e a poesía na pel. O directo, as formas de comunicación da poesía e os formatos de contacto. A emoción nas palabras lidas e sentidas. A resaca dos movementos poéticos dos noventa, os festivais, a necesidade de interpretar a normalidade (nova, vella, emprestada ou azul). Ir ao evento
-
18.00 h.
Novidades editoriais Galaxia
Francisco Castro presenta as propostas máis senlleiras do que vai de tempada editorial para lectorxs de todxs os gustos e idadxs. Non sabes que ler a continuación? Déixate engaiolar, hai un libro para ti. Ir ao evento
-
18.15 h.
TEATRO INTERRUPTUS
En colaboración coa publicación especializada en artes escénicas Erregueté varixs dxs dramaturgxs len os seus textos: Xesús Pisón, Teté García, Diana Mera, Merche Pérez, Tito Asorey, Ana Carreira, Francisco Oti, Julio Fer, Zé Paredes, Carlos Santiago, Olivia Pena. Lembramos o labor de Xosé Manuel Pazos a través da lectura dun extracto de María Soliña na voz de Casilda Alfaro. Ir ao evento
-
19.30 h.
Ser actor é cousa de homes
Mesa redonda con Camilo Franco, Monti Castiñeiras, Fran Lareu e Óscar Allo. Que pasa cando os homes teñen que facer de homes. Como é a condición masculina da interpretación e que piden hoxe como requisito para pasar por un. Tres actores galegos de teatro, cine ou televisión explican as vantaxes e dificultades dos roles de home de ficción, as circunstancias que corresponden a ser actor e galego e cal é a situación dunha ficción que se resiste a abandonar os vellos prototipos. Ir ao evento
-
20.15 h.
Recital: Editorial Medulia
Andrea Fernández Maneiro, Manuel López Rodríguez, Raúl Gómez Pato e Xosé Henrique Rivadulla Corcón ofrecen un recital. Ir ao evento
-
21.00 h.
Entrevista a María Rei
Entrevista sobre a novela Flores de ferro (editorial Galaxia, premio García Barros 2020) é a novela debut da autora. Unha historia de silencios, do horror; pero tamén de memoria, de resiliencia, de sororidade. Ir ao evento