Obradoiro: Consellos que debes esquecer. Como dar os primeiros pasos na narrativa antes de empezara correr.

Docentes: Antonio Manuel Fraga Allegue

Inicio do obradoiro: 22 de xuño. Finalización: 28 de xuño. Duración: 8 h.

 

Neste obradoiro aprenderemos a lle perder o medo á folla en branco. Coñeceremos algunhas estratexias que nos axudaran a traballar o texto desde a intuición inicial, obxecto máxico da narración, abordando os distintos aspectos do proceso de escrita. O obxectivo é aprendermos unha serie de ferramentas coas que, coa práctica, poder construír o noso propio método de creación, adaptado ás nosas características e intereses.

 

Metodoloxía

O curso desenvolverase integramente a través da plataforma de formación online do FLIV. O obradoiro estará estruturado en 4 temas, cada un desenvolvido nunha sesión de vídeo. Todo o material exposto nestas sesións estará dispoñible para a súa descarga por parte do alumnado. Ao final de cada tema proporanse exercicios de escrita, cuxos resultados partillaremos nunhas sesións virtuais nas que debateremos sobre os nosos textos.

 

Requisitos

O alumnado deberá de contar cun PC e conexión a Internet. 

 

Programa

Tema 1

O tema e o título.


Tema 2

Estrutura e tensión narrativa

 

Tema 3

Os personaxes.


Tema 4

O espazo e o tempo.

 

O profesor

Antonio Manuel Fraga (Pontedeume, 1976) é escritor e enxeñeiro técnico.

Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como castelán, inglés, catalán ou eúscaro.

Ten no seu haber premios literarios como o X Certame de microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña, o Premio Merlín coa obra O Castañeiro de Abril (Xerais), o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa novela Querido H.P. Lovecraft (Urco), obra pola que consegue tamén o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017, ou o I Premio "María Victoria Moreno" de Literatura Xuvenil con O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (Urco). En 2019 este título acada o premio da Gala do Libro Galego á mellor obra xuvenil.

Ten publicado igualmente varias novelas para o lectorado infantil e xuvenil, tales como Xildas (Sushi Books), Tártarus (Xerais) ou O capitán Maimiño (Tambre-Edelvives) e para o público adulto, como A virxe das areas (Embora), entre outros títulos.

 

Inscricións e prezo

Todos os obradoiros contan con prazas limitadas. 

O prezo do obradoiro de Consellos que debes esquecer. Como dar os primeiros pasos na narrativa antes de empezara correr. é de 60 €

Pode pagar con paypal ou con tarxeta de crédito.

 

Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a páxina web, entenderase que éste dá o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información na nosa Política de privacidade e Política de cookies. Ver a Política de cookies