Os santos das nacións

Información do libro:

  • Título: Os santos das nacións. Reliquias e lendas de conversión en Europa
  • Autor/a: José Carlos Bermejo Barrera
  • Editorial: Laiovento
  • Sinopse: O culto das reliquias é considerado na actualidade por moitas persoas como una supervivencia do pasado, que só se pode manter vivo grazas á práctica da liturxia. Mais, sobre todo, grazas á existencia das peregrinacións, fenómenos relixiosos, culturais e políticos á vez. Soamente o catolicismo, entre as relixións vivas do cristianismo occidental, mantén ese culto, pero insistindo en que nel non se trata de adorar uns obxectos ou restos humanos, senón a memoria dun santo ou santa consagrados seguindo os procedementos regulados polo dereito canónico dende a Idade Media. O recoñecemento da autenticidade das reliquias tiña que ser feito cos protocolos canónicos determinados, que permitisen comprobar a existencia histórica da persoa que ía ser obxecto de culto, así como os feitos senlleiros da súa vida, milagres e normalmente tamén da súa morte, case sempre no martirio. Estas investigacións eruditas, baseadas nos textos e nos monumentos, tentaban frear moreas de intereses locais, rexionais, e ás veces tamén nacionais, que levaban a falsificar moitas reliquias, porque todas elas eran fontes de prestixio relixioso e político e daban moitos beneficios económicos. Este libro achega un estudo completo a nivel europeo da orixe das reliquias, moi unida ás persecucións contra os cristiáns no Imperio Romano, das que se fai un detido estudo histórico-relixioso e xurídico. Partindo deses comezos, estúdanse os procedementos canónicos de recoñecemento do valor das reliquias, a súa conservación, e incluso o intercambio delas, normalmente ofrecidas como agasallos. Non pode haber reliquia sen santo, e santo sen vida ou sen historia que contar, e por iso poderemos ver como nestes casos a historia mestúrase case sempre coas lendas, como acontece nos grandes reinos da Europa medieval. Neste libro ofrécese un estudo das lendas relacionadas coas reliquias do apóstolo Xacobe, para o caso de España, pero tamén dos outros grandes patróns dos reinos europeos.

Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a páxina web, entenderase que éste dá o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información na nosa Política de privacidade e Política de cookies. Ver a Política de cookies