O estado intermedio

Información do libro:

  • Título: O estado intermedio
  • Autor/a: Rexina Vega
  • Editorial: Galaxia
  • Sinopse: Rexina Vega debuta en Editorial Galaxia cunha novela sublime centrada na figura dunha filla que, morto o pai, decide entrar na casa familiar para facer desaparecer toda memoria. Ao tempo, a alma do finado iniciará, como a de Dante, unha viaxe aos infernos, onde vai ter que pelexar, á súa vez, coa propia memoria. Texto de imaxes luminosas, demóstranos a forza narrativa dunha das escritoras máis singulares da nosa literatura, capaz de crear, como fai nesta novela, un universo absoluto a partir dunha palabra que, máxica, sobrenatural, creadora, nos fai viaxar coa protagonista polas vidas duns personaxes atrapados, dalgunha maneira, dentro dos propios traumas. Todo debe arder. Por iso hai que ter claro o pasado. E iso fai a autora, levándonos a un tempo de violencias familiares e acontecementos políticos cruciais tras a morte do ditador; tamén ás vidas que fervían hai unhas décadas cando a liberdade era de estrea. Todo escrito cunha prosa magnética que, coma man de ferro, se nos crava no esterno para obrigarnos a ler e a pensar, a pensar e a revivir. Ata que chegue o lume final, que todo o destrúe.
     Actriz: AveLina Pérez
 

Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a páxina web, entenderase que éste dá o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información na nosa Política de privacidade e Política de cookies. Ver a Política de cookies