O duque Ernesto

Información do libro:

  • Título: O duque Ernesto
  • Autor/a: Anónimo (Trad. por Almudena Otero Villena)
  • Editorial: Rinoceronte
  • Sinopse: Herzog Ernst, ou O duque Ernesto foi, como nos indica o número de manuscritos que conservamos del, un dos libros máis populares de toda a Idade Media alemá; supón, neste senso, un bo exemplo da literatura de entretemento da época, co seu gusto polas aventuras e os mundos exóticos. O libro, escrito orixinariamente en verso, relátanos a historia do duque Ernesto de Baviera, orfo de pai dende cativo, cuxa nai, Adelaida, é cortexada polo emperador Otón e casa fi nalmente con el. O seu padrasto amósalle en principio unha gran simpatía, tratándoo coma o seu propio fillo. Mais outro nobre emparentado con Otón, envexoso da posición de Ernesto, comeza a intrigar, provocando que a boa relación se rompa e que o emperador acabe acusando a Ernesto de traizón. Tras loitar durante un tempo contra o emperador, Ernesto non ten máis remedio que abandonar o país e unirse ás cruzadas acompañado dun fato de homes fieis. Mais unha tormenta desvíaos do seu primeiro obxectivo, e Ernesto emprende unha viaxe a Oriente na que visita estraños países e vive numerosas aventuras. Tras obter sona e honor en Oriente, regresa a Alemaña, onde o emperador acaba aceptando a súa inocencia e admitíndoo na corte. Nalgún intre os críticos clasificaron o Herzog Ernst dentro da denominada Spielmannsepik ou “épica de xograres”, pois considerábase que fora obra de xograres errantes; un produto da oralidade que se puxo finalmente por escrito. Esta hipótese, se callar reforzada polo feito de non coñecermos o autor, está arestora desbotada: tanto a linguaxe como a estrutura do libro son demasiado complexas para que fose así.

Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a páxina web, entenderase que éste dá o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información na nosa Política de privacidade e Política de cookies. Ver a Política de cookies