Historias (in)certas

Información do libro:

  • Título: HIstorias (in)certas
  • Autor/a: Ramón Caride
  • Editorial: Edicións Embora
  • Sinopse: Para Xosé Miranda “Ramón Caride é un narrador realista, dun realismo tenaz, minucioso, que non se conforma coa tona das cousas e que vai ao fondo. Ao fondo escuro da alma, e do país, ou do planeta. Non se limita a poñer espellos para que nos vexamos neles. Dá un paso máis e escanéanos. Porque escrita realista non é o mesmo que escrita costumista. Caride é un escritor realista, mais, precisamente por iso, é un escritor fantástico, no senso de Todorov. Un escritor que, sen deixar de ser realista, introduce as crenzas, os degoros, as fobias dos seus personaxes na trama. Que introduce as súas dúbidas, as súas preocupacións, as súas incertezas, o seu desexo, sabendo que teñen tanta consistencia real coma os edificios ou a paisaxe. Caride non acredita de máis na cronoloxía, esa miraxe. Porque ás veces na vida hai viaxes con retorno, e mesmo finais felices. Aínda que chova”.

Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a páxina web, entenderase que éste dá o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información na nosa Política de privacidade e Política de cookies. Ver a Política de cookies