Habitando historias. 10 experiencias arredor do libro e da lectura

Información do libro:

  • Título: Habitando historias. 10 experiencias arredor do libro e da lectura
  • Autor/a: Montse Muriano (editora)
  • Editorial: Galaxia
  • Sinopse: Nestas páxinas arredor do libro, a lectura, as bibliotecas, os booktubers, as novas formas de ler, as experiencias lectoras, o canon literario… reflexiónase sobre o feito de ler e o seu fomento. Xuntáronse dez persoas, dez profesionais que dixeron si a este proxecto e cuxas experiencias arredor do libro e da lectura non van deixar indiferente a ninguén. As dez almas que habitan este libro saben moi ben do que falan e saben moi ben como facelo. Son escritoras, docentes, bibliotecarias, contadoras… En definitiva, voces críticas, voces expertas e voces comprometidas coa consecución dun mundo mellor a través das historias que viven nos libros. Un volume que aspira a ser referencial no mundo educativo. Mais, sobre todo, un libro de lectura necesaria para todas e todos os que aman ler, abrir un libro e navegar entre as súas páxinas. De papel ou de bits. Historias, despois de todo.

Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a páxina web, entenderase que éste dá o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información na nosa Política de privacidade e Política de cookies. Ver a Política de cookies