Ensaio sobre o poema e o mar da morte

Información do libro:

  • Título: Ensaio sobre o poema e o mar da morte
  • Autor/a: Antón Blanco Casás
  • Editorial: Euseino?
  • Sinopse: O primeiro libro ensaístico do poeta autor da Oseira. Nestas cen páxinas, Antón Blanco Casás vai en procura da razón —ou irrazón— do poema como expresión dun materialismo do encontro, ese desvío que fai aparecer a poesía. O libro establece relacións entre a obra de poetas coma Meendinho, Méndez Ferrín, Paul Celan, Valente e Chus Pato, abríndose tamén ao cinema de Michael Haneke e ao emprego dun estilo no que a metáfora adquire o seu propio valor como desvelación do aparentemente oculto. Como fondo, o mar e a cor azul. O azul de Yves Klein e do mar de Manuel Antonio. O mar do poema, o mesmo mar no que naufraga a poesía no Coup de dés de Mallarmé, tal como escribiu Quentin Meillassoux noutro dos libros maxenta desta colección Rúa do Sol.

Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a páxina web, entenderase que éste dá o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información na nosa Política de privacidade e Política de cookies. Ver a Política de cookies