Elucidacións na sombra

Información do libro:

  • Título: Elucidacións na sombra
  • Autor/a: Manuel Castelao
  • Editorial: Laiovento
  • Sinopse: Ler unha obra de teatro sen considerar a súa condición de texto para a escena é como ler un guión de cinema prescindindo da orientación ao filme en que, no mellor dos casos, se realiza. De aí, o construírmos este ensaio desde a perspectiva da virtual escenificación de dúas pezas de Carvalho Calero, en coherencia coas súas palabras “Eu endexamais escrevin teatro para ler”. En tal posta en escena descansa o esforzo de análise e interpretación de A sombra de Orfeu e o Auto do prisioneiro, pondo de relevo a súa incardinación na nosa historia e o non ben estimado folgo teatral do autor, até o punto de a primeira desas obras nunca ter coñecido as luces da escena. Conxúganse nese azar os problemas crónicos do teatro galego co imbécil escurecemento de Carvalho na Galiza. Porén, a continuada proscrición dun autor constitúe a mellor garantía da súa potencia, indica a necesidade que o poder opresivo ten de se defender contra a forza soberana a retornar desde a sombra. Non existe mellor evidencia de que a tradición recreada por Carvalho, para se dar orixe, segue viva. Por iso, el non pode ser reducido a estatua inerte e confortábel, non pode ser enterrado, para o silenciar de vez, no panteón do consabido e pacificamente ignorado. A súa obra seguirá a nos inquietar e el, como o espectro da nosa razón común, a permanecer inesquecido, inesquecíbel.

Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a páxina web, entenderase que éste dá o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información na nosa Política de privacidade e Política de cookies. Ver a Política de cookies