Binómiio poético con dúas das voces máis interesantes da actualidade: Oriana Méndez e Manuel López Rodríguez.
Oriana Méndez publicou os libros de poesía Derradeiras conversas co capitán Kraft (2007), Cero (2011) e O que precede a caída é branco (2015), O corazón pronúnciase extenso (2019) e o pasado ano gañou o XVIII Premio de Poesía Afundación por Interna.
Pola súa banda, o poeta, editor e artista Manuel López Rodríguez é autor dos poemarios Antítese nativa, Rompe, Desde onde non nace, Vangarda ule ou Nas pulsacións, co que acadou o último premio de poesía de Carral e que se publicará en breve. Tamén participou en obras colectivas.
Ambos os dous ofrecerán neste recital unha mostra das súas traxectorias poéticas.