A industria galega dos curtumes

Información del libro:

  • Título: A industria galega dos curtumes
  • Autor/a: Claudio Otero Eiriz
  • Editorial: Laiovento
  • Sinopse: O patrimonio industrial comeza a valorarse nos anos centrais do século XX en Gran Bretaña coa arela de parar a destrución dos restos máis significativos da Primeira Revolución Industrial. A concienciación social sobre a relevancia das ruínas e dos monumentos industriais para a reconstrución do pasado vaise estendendo paseniño a outros países europeos. A día de hoxe, en Galicia aínda non se dispón de ningún catálogo nin inventario e só moi recentemente vén de incluírse legalmente o patrimonio industrial como unha categoría singularizada do patrimonio cultural. Neste libro trátase o patrimonio industrial galego dos curtumes desde catro perspectivas diferenciadas, aínda que complementarias: as paisaxes industriais, a memoria do traballo, os bens técnicos de produción e o patrimonio arquitectónico. Unhas e outros testemuñan que a actividade de transformación de peles en coiros deixou un patrimonio industrial extenso e singular, que merece ser incluído no acervo do patrimonio cultural de Galicia, do mesmo xeito que as catedrais, os castelos ou os pazos. Ademais, achégase unha escolma dos curtidoiros máis sobranceiros, símbolos da industria galega dos curtumes, e un glosario no que se definen os principais termos empregados no sector.

Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a páxina web, entenderase que éste dá o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información na nosa Política de privacidade e Política de cookies. Ver a Política de cookies