Este espazo do FLIV2021 está dedicado á lembranza de Xulio Amigo.
Ola a tod@s!
Tras a edición do pasado ano, velaquí estamos de novo. O FLIV20 naceu como resposta a un tempo especial que ninguén querería ter pasado. Ante un parón de toda actividade moitas cousas estiveron activas no mundo das redes, entre elas a cultura, e dende o FLIV20 quixemos demostrar que a literatura, que a cultura do noso país estaba moi viva.
O FLIV21 desenvolverase entre o 26 e o 28 de marzo e teremos un programa que reflectirá un ano literario. Lembraremos as efemérides máis senlleiras, como a de Marcial Valladares, Xela Arias, Emilia Pardo Bazán... Nas mesas redondas mergullaremos nalgúns aspectos máis actuais. Nos recitais poderemos escoitar algunhas das voces máis interesantes do momento. Podemos ver as novidades editoriais no Escaparate do FLIV, conversaremos con autoras, etc...
Dámosvos a benvida e convidámosvos a entrar e a poñerse cómodos, subide ben os altofalantes e gozade da mellor literatura do momento.
Programación