Nus

Additional Info

  • Título: Nus
  • Autor/a: Manuel Gago
  • Editorial: Xerais
  • Sinopse: Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo; a súa conciencia social remata no seu propio corpo e o das mulleres coas cales aprende a descubrilo. Ou iso nos quere facer crer. Ata que Toño e os seus amigos chegan á solitaria praia de Calabarda, un paraíso aberto ao océano onde se pode ser libre dun xeito novo: sen roupa. Nun extremo da praia, os arqueólogos descobren un castro ancestral. Noutro, os veciños soñan con leiras de millo en que agromen os chalés. E no medio, Toño únese a unha grea de nudistas dispostos a todo para manteren os seus coiros ao sol. Manuel Gago ofrécenos en «Nus» un retrato irónico e irreverente da contraditoria Galicia de comezos da década de 1980 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro.

Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a páxina web, entenderase que éste dá o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información na nosa Política de privacidade e Política de cookies. Ver a Política de cookies