Náufragas no mar e na terra

Additional Info

  • Título: Náufragas no mar e na terra
  • Autor/a: Elisabeth Oliveira
  • Editorial: Urutau
  • Sinopse: As mulleres que abriron os camiños antes ca nós transitan estes versos a través das penas, dos nomes que quedaron atrás porque somos as que non somos. As outras. Todas as outras no condicional do noso ser colectivo. Ese no que ouveamos de dor, pero tamén no que procuramos soñar, o sorriso e a esperanza. É certo, foron tantos os naufraxios de nós mesmas, de mulleres invisibles que chegou o momento de ser libres e debuxar os camiños de noso. Agora, ti es quen fas a túa propia historia. As estrofas deste libro de poemas sóbennos a unha balsa empurrada pola fame. Naveguemos xuntas ata o final que non remata na última sílaba. É tempo de continuar o relato de todas aquelas ás que a lúa non lles pasa pola porta. A pesar de todo. Contra a resistencia do esquecemento. Eli Ríos

Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a páxina web, entenderase que éste dá o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información na nosa Política de privacidade e Política de cookies. Ver a Política de cookies